Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Museo de Bergantiños acolle a...

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle a inauguración da exposición ‘Eles e nós’

Mércores 4 de outubro do 2006

A exposición Eles e nós. Rostros da guerra civil forma parte do Festival de fotografía Olladas’06, patrocinado pola Deputación da Coruña. A mostra está composta por fotografías que, durante dez anos, recopilou a fotógrafa Sofia Moro, retratando aos últimos protagonistas da guerra civil. Recóllense imaxes da xeración do 36 que combatiu, a punto de cumprirse 70 anos do comezo da guerra. A exposición é froito do traballo constante desta fotógrafa, que viaxou por países como Francia, Marrocos, Alemaña, Estados Unidos e, por suposto, España, co fin de recuperar episodios da memoria histórica. A mostra está incluida na programación do Festival Internacional Outono de Teatro, que versa este ano sobre a guerra civil e a posguerra.

Compartir: