Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo de inscricción para os...

CULTURA

Aberto o prazo de inscricción para os concuros incluidos na programación do FIOT

Luns 2 de outubro do 2006

O VI Concurso Escolar de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís’ amplía a convocatoria a todos os colexios da comarca de Bergantiños, xunto co incremento da contía dos premios. Tamén este ano contarase co apoio especial da Editorial Galaxia, que aportará un obsequio para todos os participantes, a entregar o día final no Pazo da Cultura.

No caso do VI Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos, o prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de outubro. O certame está destinado a actores ou actrices, tanto profesionais como afecionados, que desexen representar os seus espectáculos cómicos. Haberá dúas semifinais ao longo do mes de outubro e a final será o día 27 no Pazo da Cultura.

Compartir: