A AECC organiza charlas online dirixidas a pacientes oncolóxicos e ás súas familias
Xoves 4 de marzo do 2021
A Asociación Española contra o Cancro está a organizar unha serie de charlas online dirixidas a pacientes oncolóxicos e ás súas familias, que poden participar de balde. Este é o programa:
- 8 de marzo (de 16:30 a 17:30 horas): taller de imaxe persoal, con María Macías, asesora de imaxe.
- 29 de marzo (16:30 a 17:30 horas): taller de sexualidade e cancro, con Martina González Veiga, psicóloga sanitaria, sexóloga e terapeuta de parella. Directora do centro Con Mucho Gusto en Santiago.