Inicio Carballo ao día Avisos O VII Carballo Interplay abre a inscrición...

O VII Carballo Interplay abre a inscrición para o seu Campamento Kamikaze

Mércores 26 de febreiro do 2020

O Carballo Interplay pon en marcha unha nova edición do seu particular campamento de creación audiovisual "exprés", que serve cada ano para quecer motores de cara ao inicio do festival, que celebrará a súa 7ª edición entre o 1 e o 4 de abril. As tres xornadas de Campamento Kamikaze -30 e 31 de marzo e 1 de abril- estarán adicadas un ano máis á creación dun "dinosaurio" na contorna incomparable da praia de Razo. Este é o segundo ano consecutivo no que a produción nacida desta iniciativa do Carballo Interplay opta a un Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

As persoas seleccionadas para participar nesta edición do Campamento Kamikaze traballarán en equipo con profesionais do mundo da creación audiovisual como Cris Iglesias, Alfonso Zarauza, Marcos Nine, Javi Camino, Antón Varela, Marta Piñeiro, Isaura Docampo ou Lucía Regueiro. Xuntas, xuntos, enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir en tres días os seus "dinosaurios", novos capítulos da webserie que se iniciara xa na primeira edición do Campamento Kamikaze baixo unha única premisa temática: a fin de internet.

Inscríbete na seguinte ligazón!

Ligazóns

Compartir: