Inicio Carballo ao día Avisos Os cursos para mellorar o manexo do...

Os cursos para mellorar o manexo do teléfono móbil continúan en Cances

Luns 3 de xuño do 2019

En Entrecruces, ata onde se desprazaron Evencio Ferrero e Luis Lamas, houbo unha práctica de selfie en grupo

En Entrecruces, ata onde se desprazaron Evencio Ferrero e Luis Lamas, houbo unha práctica de selfie en grupo

Despois de Entrecruces, que foi a última parada, o voluntariado da Cruz Vermella que está a impartir os cursos de mellora do manexo do teléfono móbil organizados polo Concello de Carballo chegará mañá á parroquia de Cances. Un total de 16 veciños e veciñas están inscritos/as para participar na iniciativa, que supera xa os/as 200 alumnos/as. 

As sesións formativas celebraranse de 16.00 a 18.00 horas no Centro Social de Cances os días 4, 6 e 11 de xuño. Os días 13, 18 e 20 será a quenda da parroquia de Artes, e os días 2, 4 e 9 de xullo remataremos a experiencia por este ano na parroquia de Ardaña.

Compartir: