Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de inscrición para o...

Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de xoguete non sexista que se celebrará o 14 de decembro

Luns 10 de decembro do 2018

A Concellaría de Igualdade e Benestar, a través do CIM, organiza un Obradoiro de xoguete non sexista dirixido a todas as familias interesadas en promover a igualdade tamén a través do xogo. 

O obradoiro celebrarase o venres 14, en horario de 18.00 a 20.00, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa

As inscricións poden realizarse no correo electrónico carballoennegro@gmail.com ou no teléfono 981 700 688.

Compartir: