Inicio Carballo ao día Avisos Interferencias nas canles do grupo Mediaset...

Interferencias nas canles do grupo Mediaset debido a unha avaría no repetidor

Martes 10 de abril do 2018

Ante as queixas recibidas polos problemas na recepción de determinadas canles de televisión, o Concello de Carballo informa de que, segundo as consultas realizadas, as interferencias obedecen a unha avaría no repetidor do grupo Mediaset que se agarda que sexa solucionada nos vindeiros días.

Por outra banda, as persoas afectadas pola implantación do novo 4G teñen á súa disposición o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega800.es, onde poderán consultar se se atopan nunha das zonas afectadas. En caso afirmativo, e durante un período limitado, poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio.

Compartir: