Inicio Carballo ao día Avisos Aberto ata o 19 de xullo o prazo de solicitude de...

Aberto ata o 19 de xullo o prazo de solicitude de axudas ás familias para as actividades de conciliación no verán

Martes 4 de xullo do 2017

Entre o 5 e o 19 de xullo estará aberto o prazo de solicitude de axudas para as actividades de conciliación no verán, unha convocatoria da Concellería de Igualdade e Benestar que ten como finalidade axudar ás familias cunhas condicións económicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da necesidade de conciliar a súa vida laboral e familiar durante as vacacións escolares.

O importe máximo da axuda será de 200 euros por neno/a. O Concello de Carballo só concederá unha subvención por solicitante, para un único campamento, e en función dunha serie de criterios que se recollen nas bases que figuran no documento anexo.

Descargas

Compartir: