Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobación provisional do Plan especial...

SUBVENCIÓNS PARA AS CABALGATAS DE REIS 2014

Aprobación provisional do Plan especial para a ampliación de Aspaber e adxudicada a explotación da cafetería do Pazo

Luns 5 de maio do 2014

No apartado de subvencións, a Xunta de Goberno supuxo a adxudicación das axudas para Cabalgatas de Reis 2014. Finalmente, concedéronse 16 subvencións a outras tantas entidades do municipio por un importe de 5.707,49 euros. Así mesmo, e fóra da orde do día, recibiu luz verde a solicitude dunha subvención á Xunta de Galicia para a promoción e uso da lingua galega no Concello de Carballo durante o ano 2014. O importe, de 20.659,08 euros, destinaríase ao mantemento do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo e á elaboración de programas para a dinamización lingüística no ámbito local. No que se refire a convenios, a sesión supuxo luz verde para dous. Un para a realización de prácticas por parte do alumnado do Curso de monitor de tempo libre impartido pola Escola Galega de Tempo Libre. Unha alumna realizará 150 horas de prácticas no Departamento de Cultura do Concello de Carballo. O segundo convenio é coa Universidade da Coruña (UDC) para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Dereito. Unha alumna realizará 100 horas de prácticas en horarios de 9.00 a 14.00 horas nas dependencias xerais do Concello de Carballo. Por último, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de dous vaos permanentes, tres licenzas de obra e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: