Inicio Carballo ao día Hemeroteca O 90 por cento dos participantes no primeiro...

PROXIMAMENTE ESTARÁN DISPOÑIBLES NOVAS ACTIVIDADES

O 90 por cento dos participantes no primeiro curso da Plataforma de Teleformación Municipal realizan un balance positivo do sistema

Mércores 30 de abril do 2014

Seguindo coas estatísticas, o 95 por cento considerou a actividade, dende o punto de vista pedagóxico, como "comprensible, motivadora e práctica", con "correcta metodoloxía de aprendizaxe". Respecto da participación, nun curso que tiña dispoñibilidade de 45 prazas inscribíronse 41 persoas, das que 26 seguiron o curso ata o final. Deles, o 63,5 por cento conseguiron a cualificación de "apto". Os obxectivos dos usuarios e usuarias á hora de realizar o curso, foron os de "actualizar a súa formación" e "mellorar a calidade do seu traballo". Estarían interesados en manter no futuro cursos relacionados co deseño gráfico, técnicas de marketing, cursos de busca activa de emprego e de creación de empresas. Algunhas das frases que empregaron os participantes no curso para describir a súa experiencia son as seguintes: "é xenial a formación a través da rede, só teño dispoñibilidade para realizar cursos online"; "para ser a primeira vez que fago un curso de teleformación, foime fácil afacerme co ambiente da plataforma"; "o feito de que fose gratuíta agradécese"; "a forma en que foi levado o curso fai que pareza moi fácil aprender"; ou "foi a miña primeira experiencia neste de tipo de cursos, sendo o resultado moi interesante". Proximamente daranse a coñecer as temáticas e datas de inscrición para a realización de novos cursos a través da Plataforma online.

Compartir: