Inicio Carballo ao día Hemeroteca O comercio carballés e Gadis invitan ao...

ENTRE O 30 DE ABRIL E O 30 DE XUÑO

O comercio carballés e Gadis invitan ao cine aos seus clientes por 4,90 euros a través da iniciativa Primavera de Cine

Mércores 30 de abril do 2014

Hai que mencionar que desta campaña quedan excluídas as películas da distribuidora Warner, que non admite ningún tipo de desconto nas sesións nas que se proxectan os seus filmes. César García de Seárez, responsable de Creativa Dixital, que colabora coa iniciativa, subliña o feito de que "por primeira vez participen absolutamente todos os comercios de Carballo", que para promocionar a iniciativa tan só teñen que solicitarlle a Creativa Dixital o cartel para colgalo na súa tenda e colaborar cuñando os tickets. Tamén quixo resaltar que o prezo de 4,90 euros "é o prezo máis barato para ir ao cine de toda Galicia". Román Roo, coordinador de Gadis na comarca, amosou a súa satisfacción pola iniciativa e "polo feito de que participe todo o comercio". Por último, o Alcalde, Evencio Ferrero, expresou a súa "satisfacción de ver como a sociedade carballesa participa de actividades culturais moi diversas", e subliñou que "está ben que un medio tradicional coma o cine sexa de fácil acceso para o espectador".

Compartir: