Inicio Carballo ao día Hemeroteca Creadores e creadoras de Carballo comezan a levar...

TRECE PRESENTACIÓNS ENTRE O XOVES 1 E O XOVES 15 DE MAIO

Creadores e creadoras de Carballo comezan a levar os seus Contos de Taberna e ilustracións polos bares da vila

Martes 29 de abril do 2014

Xa desde o 23 de abril, Día do Libro, e até o 17 de maio, Día das Letras Galegas, as persoas que acudan a un dos 14 bares participantes no proxecto e fagan un gasto mínimo de 15 euros -ou tres almorzos no caso das cafetarías-, levarán de agasallo o texto e a ilustración propia dese bar. E é que cada un dos bares ten o seu relato, e a súa ilustración, personalizados. Esta é unha das iniciativas do programa #QuedamosenCarballo, que ao longo deste ano, e da man da Concellaría de Promoción Económica e Normalización Lingüística de Carballo, se está a levar a cabo xunto con outras diversas accións que botan man da cultura e a creatividade para promocionar o noso comercio e negocios locais. Porque en Carballo queremos demostrar que a cultura e a lingua tamén son motores económicos. Entón, quedamos en Carballo? Quedamos nas tabernas para botarlle un conto?

Os interesados e interesadas poden consultar un cartaz, con todas as datas e citas, neste mesmo aviso.

Compartir: