Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Les coses grans" e "Entre...

A CITA TIVO LUGAR O SÁBADO 26 DE ABRIL ÁS 21.00 HORAS

"Les coses grans" e "Entre pipas", triunfadoras na Gala de Premios do I Festival de webseries Carballo InterPlay

Luns 28 de abril do 2014

Repartíronse así os 5.200 euros de premios e os trofeos deseñados polo artista plástico David Méndez Alonso, con "Les coses grans" levándose 2.500 euros ao acaparar o premio do xurado (1.500) e o premio do público (1.000). A mellor webserie de animación levou 1.500 euros, a mellor webserie en lingua galega 1.000 e a AGAG concedeu 200 euros de premio para o guión. Pero máis aló dos premios e ao igual que a gala, os discursos institucionais tamén foron breves e intensos. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, expresou o seu desexo de que haxa "mil primaveras máis para o Carballo InterPlay", mentres que unha emocionada Sonia Méndez, directora do festival, non quixo esquecerse de ninguén nunha listaxe de agradecementos encabezada polo Concello de Carballo, sen quen quixo subliñar que a cita nunca se podería ter celebrado. Remataron así catro días intensos con presenzas con moito eco, como a de Xosé Touriñán e o seu "Código fonte audiovisual"; coa estrea do capítulo 3x09 de "Malviviendo" que abarrotou o auditorio do Pazo da Cultura con xente moi nova; coa creación dunha webserie carballesa "Toñito, ti es especial"; con mesas redondas e proxectos como "Freaklances Project" para reflexionar sobre o audiovisual; con música repartida entre as sesións vermú e os concertos na Sala Dublín; e sobre todo, con moitas, moitas webseries, moita ilusión e moita vontade para que esta primeira edición do Carballo InterPlay teña longa vida no futuro.

Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo do Carballo InterPlay (CIP) nesta mesma nova, así como consultar o web do festival.

Compartir: