Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xogadores e xogadoras de voleibol en...

SÁBADO 26 DE ABRIL A PARTIR DAS 16.30 HORAS

Xogadores e xogadoras de voleibol en categoría benxamín de toda a provincia visitan Carballo para disputar a Final provincial

Venres 25 de abril do 2014

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, que estivo na presentación da xornada xunto co Alcalde, Evencio Ferrero, expresou a vontade da administración local de dedicar todos os seus "esforzos e medios para contribuír a axudar ao deporte de base", especialmente nunha disciplina como o voleibol "que pode recuperar os niveis que tiña noutros tempos e de seguro que os supera no futuro". Por último, Rosalino Mariño expresou que un dos obxectivos do Xiria e continuar "enganchando" a deportistas a idades tan temperás e seguir organizando eventos como esta final provincial. Os interesados e interesadas poden descargar o cadro de enfrontamentos previstos para o sábado a partir das 16.30 horas, nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: