Inicio Carballo ao día Hemeroteca Últimos días para participar no...

O PRAZO REMATA O VENRES 11 DE ABRIL

Últimos días para participar no Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

Martes 8 de abril do 2014

Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos diversos medios colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. En edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos M. Callón ou Mariña Pérez Rei. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, xa que foron publicados e difundidos por todos os medios colaboradores cada ano. As bases completas poden consultarse en pdf nesta mesma nova. Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico <normalizador@carballo.org>.

Compartir: