Inicio Carballo ao día Hemeroteca O CEIP Bergantiños contará con...

O INVESTIMENTO REALIZADO ASCENDIU A 1,14 MILLÓNS DE EUROS

O CEIP Bergantiños contará con espazo para 225 alumnos e alumnas máis grazas ás obras de ampliación realizadas no centro

Martes 18 de marzo do 2014

Esta intervención realizada pola Consellería, relativa ás novas infraestruturas e equipamento, únese aos preto de 92.000 euros achegados para a mellora das instalacións e fondos da biblioteca escolar e máis para o desenvolvemento dos contratos-programas asinados, tanto neste curso como no pasado, con este centro. Neste curso a iniciativa de contratos-programa implica a 30 estudantes na liña de reforzo, orientación e apoio, na modalidade de acompañamento fóra do horario escolar. Respecto do número de profesionais docentes do CEIP Bergantiños, Vázquez Abad explicou que polo de agora non está prevista a dotación de novo persoal, xa que nestes momentos o profesorado sería suficiente para atender as necesidades do alumnado. O Conselleiro subliñou que a ampliación está deseñada para cubrir as necesidades do colexio "a medio e longo prazo". Vázquez Abad estivo acompañado durante a visita pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo; polo Xefe Territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana; pola directora do CEIP Bergantiños. María Elena Civeira; polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; pola Tenente de Alcalde, Milagros Lantes; e por numerosos membros da corporación, como o concelleiro do PP Miguel Ángel Ferreiro (na imaxe, durante a visita ao patio cuberto interior do novo aulario).

Compartir: