Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principia o repintado das vías dos...

A PARTIR DO DOMINGO 16 DE MARZO

Principia o repintado das vías dos traballos de "Conservación do pavimento en varias rúas do casco urbano de Carballo"

Sábado 15 de marzo do 2014

Hai que lembrar que a empresa encargada do proxecto de "Conservación do pavimento en varias rúas do casco urbano de Carballo" foi Construcciones López Cao SL, cuxos representantes asinaron o contrato co Alcalde, Evencio Ferrero, a principios de decembro de 2013.O orzamento de adxudicación foi de 194.741,03 euros e a mellora realízase grazas á incorporación de aproximadamente un millón de euros do remanente de tesourería de 2012 para a realización de varios proxectos, entre os que se inclúe, tamén, a recente peonalización da rúa Valle Inclán, outras melloras en vías ou a mellora da caldeira da Casa do Concello, entre outros.

Compartir: