Inicio Carballo ao día Hemeroteca "Coñece o teu Concello" chega...

NAS TARDES DOS SÁBADOS DE MARZO E O PRIMEIRO DE ABRIL

"Coñece o teu Concello" chega por cuarto ano consecutivo para promover o ciclismo e o patrimonio do municipio carballés

Xoves 13 de marzo do 2014

Cada persoa recibe información da ruta e unha explicación do percorrido e dos bens históricos que se van visitar. A organización recomenda o uso do casco e tamén levar roupa de abrigo se o día non é soleado, así como auga e accesorios para reparar unha picada (cámara e bomba de aire). En canto ás catro rutas que conforman esta nova edición de "Coñece o teu Concello", son as seguintes:

  • Ruta 1: sábado 15 de marzo. De 19 quilómetros de lonxitude e baixa dificultade, transcorre por Sísamo, Goiáns, Cances e Oza.
  • Ruta 2: sábado 22 de marzo. De dificultade media e 19,5 quilómetros, visita Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa.
  • Ruta 3: sábado 29 de marzo. Ten unha dificultade media e transcorre por Ardaña e Rus e visita a Férveda de Ramil. Está especialmente dirixida BTT (Bibicleta Todo Terreo).
  • Ruta 4: sábado 5 de abril. Até o de agora cada ano pechaba o programa unha ruta costeira, mais para facer o percorrido alcanzable a todos os participantes, desta volta está previsto realizar unha nova ruta por Sísamo e Cances. O trazado está aínda sen concretar xa que hai que determinar cales son as mellores pistas despois das abundantes choivas do inverno.

Tanto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixeron expresar o seu agradecemento ao Club Ciclista Carballo Placasa por organizar cada ano esta actividade. Así mesmo, Ferrero realizou un chamamento para que a xente se anime "a usar a bicicleta, a gozar da paisaxe e do amplo patrimonio de Carballo", especialmente na primeira das rutas, prevista para este sábado 15 de marzo, xa que as predicións indican que as condicións meteorolóxicas serán propias da primavera, con sol e temperaturas de ata 20 graos, segundo Meteogalicia.

Compartir: