Inicio Carballo ao día Hemeroteca Pastora Soler anima o día grande das...

DOMINGO 24 E LUNS 25 DE XUÑO

Pastora Soler anima o día grande das festas patronais para deixar paso aos fogos e o tradicional Descenso do Anllóns

Venres 22 de xuño do 2012

O luns 25, festivo local na honra de San Xoán, o principal protagonista é o Descenso do Anllóns, que cumpre xa 15 anos repartindo 1.460 euros entre premios e subvencións. O percorrido conta con saída no Bosque do Añón e chegada no Parque do Anllóns. O 1º premio está patrocinado por Cervexaría La Bombonera e distingue a orixinalidade, pero tamén hai galardóns que premian a simpatía e a velocidade no descenso. Son os seguintes: 1º Premio á embarcación máis orixinal: 200 euros, 2º Premio á embarcación máis orixinal: 100 euros, 1º premio á tripulación máis simpática: 150 euros, 2º Premio á tripulación máis simpática: 70 euros, Premio ás probas de habilidade: 100 euros e Premio á embarcación máis veloz: 100 euros. O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 140 euros. O obxectivo do Descenso do Anllóns é o de recuperar o protagonismo que o Río Anllóns ten na celebración das Festas de San Xoán e ofertar actividades que combinen o carácter lúdico co participativo. Xa pola noite, a coñecida e veterana orquestra Los Satélites, formación nacida en 1938 e que conta con once discos, ofrece a última verbena do San Xoán. Ás 00.00 horas a Agrada da Lagoa acolle os tradicionais fogos de artificio, a cargo, un ano máis, de Pirotecnia Rocha.

Aínda que o luns 25 é o peche oficial dos festexos cos fogos, resta todavía a celebración da Festa do Bosque, outro dos atractivos do San Xoán, unha cita recuperada hai uns anos que reúne a familias e amigos no Bosque do Añón. Será o domingo 1 de xullo e contará con boas doses de diversión, música, xogos e concursos.

Compartir: