Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concilia organiza un programa de actividades de...

SERÁN DO 2 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO NO CEIP A CRISTINA

O Concilia organiza un programa de actividades de verán por terceiro ano consecutivo: inscricións do 26 ao 29 de xuño

Venres 22 de xuño do 2012

Os interesados e interesadas en formalizar a inscrición na actividade poden facelo no Pazo da Cultura de Carballo nos seguintes días e horarios:

  • Martes 26 de xuño: de 9.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.30 horas
  • Mércores 27 de xuño: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas
  • Xoves 28 de xuño: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas
  • Xoves 29 de xuño: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas

O prezo para participar nas Actividades de Verán do Programa Concilia é de 59,9 euros ao mes, que deben aboarse no momento de formalizarse a inscrición. O servizo terá lugar de luns a venres agás no caso dos días festivos. Os interesados e interesadas poden obter máis información chamando ao departamento de Servizos Sociais no 981 704 706. Tamén é posible descargar a información e a folla de inscrición nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: