Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo traballa para crear un PXOM que non...

A CAPACIDADE RESIDENCIAL PREVISTA ACADARÍA AS 26.400 VIVENDAS

Carballo traballa para crear un PXOM que non renuncie ao concepto de cidade e que manteña un equipamento mínimo de futuro

Mércores 20 de xuño do 2012

En última instancia, Lantes subliña que "o obxectivo agora é presentar un PXOM que poida ser asumido por todas as partes". A Concelleira tamén explica que Carballo conta con dúas problemáticas fundamentais á hora de elaborar un planeamento: por un lado o elevado número de vivendas baleiras existentes; e por outro, a grande cantidade de chan urbano que non se pode desclasificar e que hai que colmatar. Estas dúas circunstancias provocan que se chegara a establecer un número de vivendas practicamente irrenunciable por parte do equipo redactor, que é o de 26.400. Por último, Lantes subliña que o Concello tentará manter or proxectos de urbanización que contan con acordos pre existentes e dos que só resta a execución, así como non reducir dereitos que poidan dar lugar a reclamacións patrimoniais no futuro. Carballo está inmerso nun proceso para aprobar un novo PXOM debido á anulación do planeamento aprobado en 2003, unha anulación ratificada por unha sentenza firme do Tribunal Supremo en novembro de 2011. Nestes momentos está vixente unha ordenación transitoria, que terá vixencia ata a aprobación dun novo PXOM, na que se adoptan como referencias principais as normas subsidiarias dos anos 80 para a clasificación do solo e a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUGA) para a aplicación das normas urbanísticas correspondentes en cada caso.

Compartir: