Inicio Carballo ao día Hemeroteca Increméntase nun cinco por cento a...

A ACTIVIDADE PECHOUSE O SÁBADO 16 CUNHA EXHIBICIÓN

Increméntase nun cinco por cento a participación no Programa de Exercicio Físico para Maiores durante o curso 2011-2012

Mércores 20 de xuño do 2012

En canto aos obxectivos específicos do "Programa de Exercicio Físico para Maiores", a actividade pretende que os participantes manteñan un nivel suficiente de capacidade funcional xeral; melloren a saúde reducindo o risco de desenvolver ou volver a padecer determinadas doenzas (cardiovasculares e osteoarticulares); e melloren a súa seguridade á hora de facer exercicio. O Programa consiste no desenvolvemento de dúas sesións semanais de entre 30 e 45 minutos de Exercicio Aeróbico, Acondicionamento Muscular e Flexibilidade de Baixo Impacto Osteoarticular, cun aumento progresivo de intensidade que vai de baixa a moderada ou media intensidade. Durante a exhibición do sábado 16 de xuño os maiores demostraron durante máis dunha hora todo o aprendido, realizando exercicios, acompañados de música, e baixo a atenta mirada dos monitores. Así mesmo, a cita contou coa presenza da Concelleira de Terceira Idade, María del Carmen Regueira Baldomir.

Compartir: