Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno adxudica o Convenio Musical...

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS

A Xunta de Goberno adxudica o Convenio Musical 2012 e aproba un acordo para o desenvolvemento do II Curso de verán sobre turismo

Luns 18 de xuño do 2012

O obxectivo do Curso é favorecer a actualización de profesionais do sector que saiban planificar os recursos e servizos para que redunde nun desenvolvemento económico sostible. O Concello deberá poñer a disposición da UDC o espazo e a infraestrutura necesaria para levar a cabo a actividade, mentres que a Universidade encárgase da xestión do curso baixo a súa dirección e responsabilidade. Tamén coa UDC aprobouse un Convenio de colaboración para a realización de prácticas externas extracurriculares dunha alumna da Facultade de Economía e Empresa para que complete a formación recibida nas aulas. A estadía transcorrerá de xuño a outubro de 2012 e estará supervisada pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello. Así mesmo saíu adiante outro Convenio, neste caso entre Educatic GAP PUE SL e o Concello carballés, para a realización de prácticas profesionais non laborais incluídas na acción formativa Aproveitamentos forestais, durante 12 días no mes de xullo. Esta actividade está incluída nos plans de formación profesional para o emprego e está xestionada pola Consellería de Traballo. Pechouse o apartado de convenios coa dación de conta do Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Concello para o desenvolvemento do VIII Curso de Verán sobre dinamización lingüística Traballando en lingua, que aborda a temática "Dinamización lingüística e xustiza social".

No que se refire a subvencións, a Xunta de Goberno aprobou a solicitude dunha dirixida a entidades de iniciativa social para o mantemento e promoción de actividades e proxectos na área de servizos sociais comunitarios para o ano 2012 ao abeiro dunha Orde do 13 de abril da Consellería de Traballo e Benestar. A achega destinaríase á realización do programa de servizos sociais do Concello, desglosándose en gastos de persoal, gastos de mantemento, gastos de xestión de programas e gastos derivados do servizo de Axuda no Fogar. A sesión supuxo tamén a concesión dunha subvención á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para o servizo de socorrismo e salvamento de praias 2012 nas praias de Razo, Baldaio e Arnela. Por último, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de tres licenzas de obra; unha de obra e apertura; e tres licenzas de primeira ocupación; ademais dun informe dunha licenza de apertura por actividade molesta para unha nave industrial destinada a taller de confección no polígono de Bértoa.

Compartir: