Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Aula Municipal de Teatro representa dúas...

SÁBADO 16 E DOMINGO 17 DE XUÑO NO PAZO DA CULTURA

A Aula Municipal de Teatro representa dúas pezas teatrais: "A herdanza" e "Pequeno retablo de verdades e mentiras"

Luns 11 de xuño do 2012

Os interesados e interesadas en conseguir invitación deben retirar ou reservar as entradas nas oficinas de cultura situadas no primeiro andar do Pazo nos seguintes horarios: de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 19.00 horas ou no telefóno 981 704 300; o sábado 16 e domingo 17, os convites poden retirarse a partir das 19.30 horas no despacho de billetes do Pazo da Cultura (sempre e cando houbese invitacións dispoñibles). A Aula Municipal de Teatro de Carballo conta xa con tres anos de vida. Así, principiou a súa andaina no ano 2009, sendo a súa primeira representación en marzo de 2010 con "A ruleta rusa", baseada en catro pezas de Anton Chéjov; en 2011 incorporouse un novo grupo, que debutou tamén adaptando un clásico, neste caso "O médico a paos", de Molière, tamén nas festas de San Xoán; pola súa banda, os veteranos ofreceron no mes de abril "Amores", un retrato actual de situacións de desamor e de cariño entre parellas, familias ou incluso descoñecidos. Agora, o grupo de segundo ano atrévese cunha historia contemporánea, mentres que os de terceiro ano volven ás orixes e levan á escea textos dun clásico como Cervantes. As citas: o sábado 16 e o domingo 17 de xuño ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.

Compartir: