Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os protagonistas de "Vilamor"...

A CITA É NOS MULTICINES BERGANTIÑOS ÁS 20.30 HORAS

Os protagonistas de "Vilamor" promocionan a película na feira e nos centros de ensino antes da estrea: o venres 8 de xuño

Xoves 7 de xuño do 2012

Os protagonistas da cinta aseguran que "Vilamor" ten recibido unha moi boa acollida en Galicia, onde xa leva moito tempo en cartel, chegando a estar un mes na carteleira de Vigo. Durante a súa estadía na Alcaldía, Ignacio Vilar, Sabela Arán e Xoel Yáñez recibiron unha bolsa que contiña un molete de pan, que probaron nese mesmo momento, ademais dunha guía turística da Costa da Morte e outros obxectos relacionados co municipio e a comarca. Respecto do argumento do filme, "Vilamor" está baseada en feitos reais. A historia transcorre no ano 1976 cando Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos acabados de chegar a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade. Os interesados e interesadas en obter máis a información sobre a película, poden facelo na web <www.vilamor.eu>. Para poder consultar os horarios de proxección da película "Vilamor" nos Multicines Bergantiños de Carballo, onde está previsto que estea en cartel alomenos unha semana, premer aquí. Tamén hai máis información dispoñible nas redes sociais máis populares como Facebook, Tuenti, Twitter ou Flickr. As ligazóns poden atoparse na propia web do filme.

Compartir: