Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 240 xogadores disputan o VI Torneo...

VENRES 8 E SÁBADO 9 DE XUÑO DE 2012

Máis de 240 xogadores disputan o VI Torneo Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns no Pavillón Bergantiños

Venres 1 de xuño do 2012

Respecto dos clubs que participan na cita, son os seguintes: Escola Lubiáns, Colexio Obradoiro, Dominicos, Compañía de María, Escola Municipal Coruña, HC Cambre, Santa María del Mar e HC Liceo na categoría de Escolas; Escola Lubiáns, CH Compostela, Compañía de María Ferrol e Colexio Obradoiro en prebenxamín B; Escola Lubiáns, Compañía de María, Compañía de María Ferrol e CH Compostela en prebenxamín A; Escola Lubiáns, CH Compostla, HC Borbolla e Santa María del Mar en benxamín; e Escola Lubiáns, a Selección Galega Sub-16, Dominicos e CH Compostela en categoría Senior. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, explicou durante a presentación da cita que é un éxito que o Torneo Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns Concello de Carballo leve xa seis anos celebrándose e manifestou que é un "orgullo que siga apostando forte pola base e pola canteira". Respecto dos horarios, os partidos comezan o venres ás 16.30 horas coa disputa das semifinais prebenxamin, benxamin e senior ata as 22.00 horas, cando se enfrontan o primeiro equipo de Escola Lubiáns e o Dominicos. O sábado a competición desenvólvese durante a mañá e a tarde, comezando coas loitas polo 3º e 4º posto en prebenxamín e benxamín. As Escolas saltan á pista ás 12.30 horas e as finais de prebenxamín e benxamín son xa pola tarde a partires das 15.30 horas. O peche do Torneo fórmano os enfrontamentos entre os equipos senior que pelexan polo terceiro e cuarto posto e ás 20.00 horas disputan a final.

Compartir: