Inicio Carballo ao día Hemeroteca O coñecido dúo uruguaio formado por...

NO AUDITORIO A PARTIRES DAS 21.30 HORAS

O coñecido dúo uruguaio formado por Washington Carrasco e Cristina Fernández actúa o sábado 2 de xuño no Pazo da Cultura

Xoves 31 de maio do 2012

Precisamente a raíz da actuación en Carballo, Washington Carrasco e Cristina Fernández decidiron realizar unha pequena xira por Galicia, onde estarán até o 14 de xuño. Durante a recepción na Alcaldía os artistas asinaron no Libro de Honra facendo o esforzo de escribir a dedicatoria en galego, xa que os avós de Cristina Fernández son orixinarios de Mondoñedo. Tamén lle regalaron a Evencio Ferrero un cd no que tocan coa Orquestra Sinfónica Municipal de Montevideo, gravado en 2004 e que precisamente leva o título "El poema y la canción". O encontro durou máis dunha hora e houbo tempo para falar dos numerosos dirixentes uruguaios que teñen visitado Carballo, como Mariano Arana, naquel entón Intendente de Montevideo; Fernández Huidobro, na actualidade Ministro de Defensa Nacional de Uruguay; ou Marcos Carámbula, Intendente do departamento de Canelones. Pero tamén de anécdotas das viaxes de Evencio Ferrero a Uruguay como Alcalde ou do seu encontro con José Mujica, presidente do país por quen Ferrero confesa sentir admiración. Por suposto tamén houbo tempo para falar da crise actual ou de gastronomía, especialmente do asado uruguaio. Carrasco e Fernández manifestaron, así mesmo, a súa sorpresa e admiración pola feira carballesa, da que subliñaron a súa variedade de xente e colorido e da que quixeron saber máis. Despois dunha despedida cordial, o dúo explicou que pensa acudir hoxe, xoves 31 de maio ao concerto que ofrece o Quinteto Cimarrón no Pazo da Cultura a partires das 20.30 horas, unha cita musical que serve para pechar o Programa das Letras 2012.

Compartir: