Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa de Deporte na Escola contou con preto...

SÁBADO 2 DE XUÑO NA PRAZA DO CONCELLO DE 17.00 A 19.30 HORAS

O programa de Deporte na Escola contou con preto de 2.000 participantes e pecha coa 21 edición de Xogar na Rúa

Mércores 30 de maio do 2012

O xerente do Padroado Deportivo Municipal, entidade responsable da cita, Francisco García Bello, quixo ter unha mención especial para os patrocinadores "sen os que non poderíamos organizar isto". Nesta edición son Nova Galicia Banco, Conservas Calvo, Coca-Cola, a Deputación da Coruña e a Fundación Deporte Galego. Tamén mencionou a presenza, por segundo ano consecutivo, do CEIP Canosa-Rus, centro que pertence a Coristanco pero no que o 90 por cento dos cativos e cativas son de Carballo. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo tamén agradecer o labor do Padroado, xa que é un traballo de 21 anos poñendo en marcha Xogar na Rúa. Así mesmo, o Alcalde realizou unha valoración da xestión do Padroado Deportivo Municipal dende o ano 2003, pasándose de 30.000 euros de ingresos naquel entón aos 660.000 euros de previsión para o ano 2012. Como retos de futuro, Ferrero e Trigo márcanse seguir estreitando as relacións cos clubs do municipio, "coas persoas que día a día realizan actividades específicas", para seguir progresando. O Concelleiro de Deporte tamén subliñou que se seguirá apostando polo modelo público e por manter o equilibrio entre o deporte de competición e a faciana máis lúdica e de xogo do deporte, co obxectivo de que "todos os veciños e veciñas teñan acceso a unha actividade física saudable".

A relación de participantes por centro de ensino no programa de Deporte na Escola durante o curso pasado é a seguinte:

  • ANPA Pedras Blancas - CEIP Fogar: 66
  • ANPA A Casilla - CEIP A Cristina: 80
  • ANPA A Granxa - CEIP Bergantiños: 300
  • ANPA San Martiño - CEIP Nétoma-Razo: 54
  • ANPA A Milagrosa - CEIP San Luís Romero: 59
  • ANPA Raiante - CEIP Gándara-Sofán: 44
  • ANPA A Braña - CEIP Canosa-Rus: 181

A relación de participantes noutras actividades de deporte escolar durante o curso é a seguinte:
  • Campo a través, fase local: 755
  • Natación escolar, fase final: 45
  • Balonmán benxamín, alevín e infantil, fase final: 205
  • Liga Escolar Multideporte: 120

Os interesados e interesadas poden consultar un plano de situación dos xogos na Praza do Concello en pdf nesta mesma nova.

Compartir: