Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os protagonistas da película Vilamor,...

XOVES 7 E VENRES 8 DE XUÑO

Os protagonistas da película Vilamor, proxectada no festival de Cannes, visitan Carballo para participar en numerosos actos

Luns 4 de xuño do 2012

Seguindo coa axenda de actividades, o mesmo xoves 7 participan tamén ás 21.00 horas no Pazo da Cultura nunha presentación da película e conversa aberta a todas as persoas interesadas. O venres 8 pola tarde terá lugar a sesión de estrea nos cines de Carballo, onde tamén haberá o correspondente photocall cos protagonistas a partir das 20.00 horas. Vilamor está baseada en feitos reais. A historia transcorre no ano 1976. Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos acabados de chegar a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade. Os interesados e interesadas en obter máis a información sobre o filme (un dos seus fotogramas, con vistas dos Ancares, na imaxe), poden facelo na web <www.vilamor.eu>. Para poder consultar os horarios de proxección da película "Vilamor" nos Multicines Bergantiños de Carballo, premer aquí.

Compartir: