Inicio Carballo ao día Hemeroteca As rúas Coruña e Hórreo da...

PODERÁ VISITARSE ATÉ O 11 DE XUÑO

As rúas Coruña e Hórreo da capital carballesa acollen a exposición "130 anos de Voz" que amosa 60 planas históricas do xornal

Venres 1 de xuño do 2012

Os veciños e veciñas poden achegarse á exposición, que xa ten visitado as principais cidades galegas e que está composta por 20 grandes cubos nos que se inclúen as diferentes portadas do xornal, a calquera hora. No que respecta ás novas relacionadas coa comarca, ademais da do afundimento do Prestige, hai que mencionar aquela na que se informa do afundimento do buque Serpent en Camariñas en 1890, tan só oito anos despois de que La Voz de Galicia saíse á rúa por vez primeira; a que recolle o Gordo da Lotería de Nadal que caeu en Carballo no ano 2007; ou a que reflicte as riadas que asolaron Cee no ano 2006. No que respecta ao panorama internacional, ademais da xa mencionada da morte e Kennedy, hai que subliñar a portada que recolle os atentados do 11-S en Nova York, ou a nivel español a fin da Guerra Civil. Os interesados e interesadas poderán desfrutar destes fitos históricos nas rúas máis céntricas da vila até o próximo 11 de xuño.

Compartir: