Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello lembra aos veciños e...

A POLICÍA LOCAL VIXIARÁ O CUMPRIMENTO DA ORDENANZA

O Concello lembra aos veciños e veciñas que a normativa municipal prohibe deixar as deposicións dos cans na rúa

Venres 11 de maio do 2012

A Ordenanza municipal que regula a protección e tenencia de animais ten por obxecto establecer a normativa que regula as interrelacións entre as persoas e os animais domésticos, tanto os de convivencia humana, coma os utilizados con fins deportivos e lucrativos, facendo compatible a proveitosa utilización dos animais polos seres humanos, cos posibles riscos para a hixiene ambiental, a saúde e a seguridade de persoas, animais e bens. É no artigo número 15 da normativa onde se recollen especificamente as prohibicións existentes. Así, ademais da prohibición específica sobre as deposicións, as infraccións máis comúns refírense ao feito de levar un can solto, ou un perigoso sen bozal, faltas que tamén son de carácter leve. As infraccións graves e moi graves son responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente e implican a negativa ou resistencia a subministrar datos ou facilitar a información requirida polas autoridades competentes ou os seus axentes, en orde ao cumprimento das funcións establecidas na Ordenanza, así coma o subministro de información inexacta ou de documentación falsa. Considerarase, así mesmo, coma infracción grave, a reincidencia en infracción leve. Considérase infracción moi grave a reincidencia en infracción grave.

As sancións nestes casos van desde 301 ata 2.404 euros nas graves e nas moi graves, desde 2.405 ata 15.025 euros. A Ordenanza que regula a protección e tenencia de animais ten en conta tanto as molestias e perigos que poidan ocasionar os animais como o valor da súa compañía para un elevado número de persoas, tal como é o caso da axuda que poidan prestar polo seu adestramento e dedicación, como cans lazarillos, os seus traballos de salvamento e todos os demais nos que os animais domésticos proporcionan aos humanos satisfaccións deportivas ou de recreo. O obxectivo do regulamento é acadar a convivencia de veciños e veciñas e as mascotas, polo que a Concellaría de Medio Ambiente roga o cumprimento da normativa, que pode consultarse nesta mesma nova.

Compartir: