Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aproba por unanimidade o novo Regulamento...

LUZ VERDE PARA UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO

O pleno aproba por unanimidade o novo Regulamento do Mercado Municipal e a adxudicación de tres postos de alimentación

Martes 8 de maio do 2012

A sesión tamén supuxo a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito para o exercicio de 2012 por un importe de 171.239,99 euros cos votos a favor de BNG e PSOE e a abstención de PP e TEGA. Trátase do segundo recoñecemento de 2012 e, neste caso, o mecanismo destínase a abonar facturas rexistradas no ano 2012 pero que teñen data ou contan con albaráns datados en 2011. Durante o pleno tamén se rexeitou unha moción presentada por Terra Galega na que se propoñía a inclusión no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de 2013 da obra "Rede de saneamento en Castelo, 2ª fase, parroquia de Vilela". Sería un proxecto de 125.574 euros que xa foi elaborado en 2006 e revisado a finais de 2011. Segundo o goberno a proposta semella prematura e demasiado taxativa, especialmente pola situación económica actual e as dúbidas que existen acerca do futuro dos POS. A moción foi rexeitada cos votos de BNG e PSOE. O último punto da orde do día foi o de seguimento de órganos de goberno. Dentro deste apartado, o pleno deu conta do Informe de intervención e tesourería de loita contra a morosidade relativo ao primeiro trimestre de 2012. Durante o presente exercicio, a normativa esixe que as facturas se abonen en 40 días dende o seu rexistro. O Concello carballés abonou entre xaneiro e marzo de 2012 un total de 663 facturas por arredor de 1.086.000 euros dentro do período legal; e pagou 1.000.100 euros fóra dos 40 días esixidos -fronte aos 3,8 millóns de 2011-.

Así mesmo, no apartado de seguimento enmarcáronse dúas comparecencias. Unha da Concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, a petición do grupo municipal do PP e no segundo por iniciativa propia. O obxectivo desta intervención foi o de que explicar as medidas se van a tomar no ano 2012 para corrixir o remanente líquido de tesourería negativo de 1,8 millóns de euros, así como a liquidación negativa do orzamento de 2011 revelada a principios de ano. O importe xorde como resultado de que o Concello está pendente de varios ingresos de elevada contía por parte doutras administracións, entre os que hai que subliñar máis de dous millóns de euros de fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) correspondentes aos traballos do Fórum Carballo. A outra comparecencia foi do Alcalde, Evencio Ferrero, por vontade propia para falar sobre os prezos do solo no polígono industrial de Bértoa.

Compartir: