Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 400 nenos e nenas visitan Carballo...

SÁBADO 12 DE MAIO ENTRE AS 10.00 E AS 19.00 HORAS

Máis de 400 nenos e nenas visitan Carballo no marco do Campionato provincial de balonmán alevín, benxamín e infantil

Mércores 9 de maio do 2012

Respecto da modalidade do Campionato, Bruno López explica que consta de dúas fases: a fase de grupos que se celebra entre novembro e abril; e a fase final que se celebra a fin de semana, nas que os equipos loitan por acadar os primeiros postos. O Pavillón Carballo Calero (Zona Bergantiños) acolle os encontros das categorías infantil masculina e feminina que compiten en balonmán 7. Os primeiros disputan semifinais e final, mentres que as segundas enfróntanse todas contra todas. As categorías alevín e benxamín mixta reparten os seus partidos entre o Pavillón Vila de Noia (Zona Escolar) e o do CEIP Fogar en formato de mini balonmán. Neste caso, os seis primeiros clasificados na fase de grupos loitan polo título e logo hai outra liguilla que pelexa pola clasificación do 7º ao 10º posto. A entrega de trofeos está prevista para as 19.00 horas nun acto no Pavillón Vila de Noia. O delegado territorial da Federación Galega resalta especialmente dous encontros: a final infantil masculina que se disputa no Pavillón Bergantiños ás 16.00 horas; e a final alevín mixta ás 18.00 horas no Pavillón Vila de Noia. Durante a presentación da cita o Alcalde de Carballo tamén quixo ainmar ao público para que desfrute desta cita porque "será unha xornada deportiva preciosa por riba dos resultados deportivos".

Os interesados e interesadas poden descargar os horarios dos encontros, a normativa do Campionato e os diferentes formatos da competición na loita polos títulos nas tres categorías nesta mesma nova en varios documentos en pdf. Tamén é posible descargar o cartel anunciador da cita.

Compartir: