Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para o expediente de...

CONVENIO DE ACTUACIÓNS MUSICAIS PARA O ANO 2012

Luz verde para o expediente de contratación para a colocación de postos na rúa durante as festas patronais de San Xoán 2012-2013

Luns 7 de maio do 2012

Mediante este acordo, o Concello aboaralles ás agrupacións asinantes do convenio un máximo de dúas actuacións musicais públicas e gratuítas no termo municipal de Carballo durante o ano 2012. O cachet estipulado é de 260 euros para grupos de gaitas, grupos de cantareiras e masas corais de ata 29 compoñentes; de 350 euros para grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes) e para orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes); e de 425 euros para as masas corais de máis de 30 compoñentes. Poderán solicitar a participación no convenio as agrupacións musicais que teñan o seu domicilio social en Carballo e o mínimo de duración da actuación é de 30 minutos, excepto para os grupos de gaitas en que é de 50 minutos. As agrupacións deberán presentar a solicitude no prazo mínimo de 20 días naturais antes da celebración da actuación e, en todo caso, antes do 15 de novembro de 2012.

No apartado de convenios, a Xunta de Goberno tamén supuxo luz verde para un de colaboración entre a Consellería de Presidencia, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co Concello de Carballo para a realización de programas de atención e protección da saúde. Este convenio inclúe para o ano 2012 axudas para Unidades asistencias de Drogodependencias (UADs), así como axudas para o mantemento de centros de saúde e PACs de titularidade municipal. Ademais, aprobouse un Convenio con Radio ECCA, Fundación Canaria para promover a formación de persoas adultas do Concello de Carballo interesadas na preparación das probas para obter o Graduado en Secundaria a través das actividades organizadas por Radio ECCA; e recibiu luz verde o convenio xa asinado coa Deputación da Coruña para o mantemento do Grumir (Grupo Municipal de Intervención Rápida) cunha achega de 45.000 euros. A orde do día da Xunta de Goberno tamén incluíu o resumo de ingresos da recadación municipal para o primeiro trimestre de 2012, de 138.995 euros; a revisión do canon de 2012 dos servizos municipais; a aprobación de 4 licenzas de obra, 4 de primeira ocupación e apertura e a segregación dunha parcela no Polígono de Bértoa; e por último, unha modificación do contrato para a construción dunha "Praza pública en Sofán".

Compartir: