Inicio Carballo ao día Hemeroteca O deporte na natureza é o protagonista da...

DOMINGO 22 DE AGOSTO: RAZO E POLÍGONO DE BÉRTOA

O deporte na natureza é o protagonista da fin de semana a través do ciclismo e o voleibol

Martes 20 de xullo do 2010

No caso da proba de Volei-Praia o torneo divídese nas categorías súper 80 (os integrantes da parella deberán sumar entre os dous 80 anos ou máis), sénior (máis de 18 anos), júnior (de 10 a 17 anos) e súper-mini (menos de dez anos10), en modalidades tanto masculina como feminina. No caso do II Circuíto BTT 12 horas, hai que subliñar que a proba estará controlada por chips con pantalla informativa, que existe unha zona de acampada gratuíta para os participantes ou que a organizacion pón a disposición dos ciclistas unha carpa para o almorzo, o xantar ou a cea, así como para efectuar os avituallamentos. Tamén haberá o sábado un concerto das bandas locais Lowcos e The Cerne no escenario ubicado na saída. Así mesmo, o día da proba de BTT (bicicletas todo terreo) haberá outras actividades orientadas cara aos máis cativos e cativas, como un mini circuíto de BTT ou unha exhibición de BMX (biciletas de motocrós), na que os espectadores poderán desfrutar das acrobacias e saltos dos participantes.

No caso do Torneo de Volei-Praia, os interesados e interesadas en inscribirse aínda poden facelo ata o mesmo día da proba. Así mesmo, pódense descargar en pdf os cartaces de cada unha das probas nesta mesma nova.

Compartir: