Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Cúpula Caixanova achega a Carballo...

OBRADOIROS DE 11.30 A 14.00 E DE 18.00 A 21.00 HORAS

A Cúpula Caixanova achega a Carballo 'Ciencia Máxica!' o mércores 11 e o xoves 12 de agosto

Luns 26 de xullo do 2010

A cúpula inchable escenario das actividades ten sido deseñada en exclusiva polo enxeñeiro Quim Guixá, recoñecido mundialmente polo seu traballo en citas do máis alto nivel como a despedida de Coby durante o peche dos Xogos Olímpicos de Barcelona ou o paseo de Curro pola Exposición Universal de Sevilla. A cúpula dispón dunha estrutura que conta cun casquete esférico na parte superior de dobre cámara e duns 6 metros de diámetro por 4,5 de altura e 8,5 na base. Unha vez inflada, a cúpula pode resistir 3.000 kilos de peso, está equipada con dous accesos e permite a asistencia simultánea de ata 40 espectadores. Respecto dos obradoiros que se desenvolverán, pretenden que a ciencia e a tecnoloxía, que son cada vez algo máis presente nas nosas vidas, poidan ser algo próximo aos cidadáns e que transmitan unha imaxe de futuro. Preséntanse un total un conxunto de nove tecnoloxías que hoxe parecen ciencia ficción pero que pronto estarán integradas na vida cotiá.

Destaca o guante interactivo, mediante o que os visitantes poderán cotrolar un xogo; o mando Wii, que permite o control de múltiples aplicacións; a realidade aumentada, demostrada a través dun debuxo que, ao ser enfocado, fará parecer na súa superficie unha imaxe relacionada con Carballo; a interacción visual con webcam, que demostra que en pouco tempo non será necesario ningún elemento fíxico para interactuar co ordenador; o piano máxico, a través da nosa propia imaxe; o cambio de cara, coa que o público pode converterse automáticamente nun personaxe de contos infantís; o control por ondas cerebrais, que permite manexar dispositivos coa mente; o mindflex, baseado na superación de probas controlando unha boliña coa mente; ou o neuroskymindset, que permite converter en imaxes a reacción do noso cerebro ao escoitar música ou manexar un vídeo xogo. Todo ao alcance dos máis cativos e cativas e do público en xeral, de balde na Praza do Concello o 11 e 12 de agosto.

Compartir: