Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello invita aos mozos e mozas a inscribirse...

DESTINADA A PERSOAS ENTRE 18 E 30 ANOS

O Concello invita aos mozos e mozas a inscribirse na iniciativa 'Participando: os concellos e a mocidade'

Martes 22 de xuño do 2010

'Participando: os concellos e a mocidade', ten como obxectivos concretos reflexionar sobre a importancia da participación a nivel local como unha ferramenta para o fortalecemento da democracia europea, pero tamén contribuír a identificar os obstáculos á participación da xente nova e desenvolver respostas que axuden a superar eses obstáculos; intercambiar información, ideas e puntos de vista sobre temas de interese común para a xente nova de España e Italia; recompilar experiencias e intercambiar análises sobre os procesos e mecanismos de participación dos mozos e mozas nos municipios; animar ao diálogo e achegar á xente nova cos responsables políticos; contribuír á identificación, diseminación e transferencia de ferramentas e mecanismos para a participación local da mocidade a nivel europeo; ou identificar as necesidades e expectativas de maneira que se logre mellorar os mecanismos de participación xuvenil existentes e avaliar a posibilidade de crear uns novos.

En canto ás actividades previstas, ademais do xa mencionado obradoiro que se desenvolverá no Concello de Carballo, hai que subliñar outras. Así, terán lugar xuntanzas virtuais para a posta en común das experiencias atopadas, cuxas conclusións e boas prácticas serán publicadas ao final do proxecto; establecerase dunha rede de intercambio virtual, entre os actores involucrados no proxecto para que exista un intercambio regular de información, discusión e formulación de propostas; e tamén está prevista unha visita a Italia para ver de primeira man os mecanismos de cooperación xuvenil en asociacións de Turín e Tortona co obxectivo de ter unha experiencia real e poder verificar o que se está a facer noutros lugares onde xa teñen experiencia no desenvolvemento de mecanismos de participación cidadá.

Compartir: