Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tamara, o 'Baile de Ardebullo' e a...

DO 23 AO 27 DE XUÑO

Tamara, o 'Baile de Ardebullo' e a Festa do Bosque centran as actividades da Semana Grande do San Xoán

Mércores 23 de xuño do 2010

O sábado 26 continúa a festa ás 22.30 horas cunha proposta centrada na verbena, neste caso da man do 'Baile de Ardebullo' e das coñecidas Nucha e Mucha, interpretadas por Xosé Touriñán e Marcos Pereiro. O espectáculo céntrase no baile e as lembranzas das verbenas doutros tempos, todo co humor das Cantareiras de Ardebullo e das mellores cancións das orquestras galegas de sempre. 'El triste papel' 'Papá y mamá', 'La casa de Fernando' o 'Mi tierra gallega' son só algúns dos temas incluídos no repertorio, cheo de sonidos míticos no que tamén hai espazo para o swing de Glenn Miller, os ritmos máis coñecidos de Andrés do Barro ou Los Tamara e o mambo. A Ardebullo Bin Ban Orquestra conta con 12 músicos e a colaboración do mítico Sito Sedes, cantante de Los Satélites. E para animar a festa, desde as 21.00 horas o sábado estarán nas rúas do centro os Correfocs dos Fills de Satanás de L'Spelunca Diabólica, unha exhibición de pirotecnia, música, luz e performances en base aos correfocs, unha tradición cultural catalana.

E o domingo 27 chega unha das citas máis importantes do San Xoán, a Festa do Bosque. O Bosque do Añón convértese no espazo en que os carballeses e carballesas desfrutan un amplo programa de actividades para todas as idades. Dende a Peña Os Larpeiros, organizadora da cita xunto coa Comisión de Festas, avisan que este ano ás 11.00 horas, pouco antes do comezo da festa, retiraranse todas as cintas que valen o Bosque para reservar espazo. O motivo é evitar os conflitos que se teñen producido outros anos pola delimitación do sitio. Xa no programa de actividades, destaca a sesión Vermú co Dúo Época; a actuación do home orquestra CE Fantasma, para cativos e cativas; pola noite a salsa de La Comandancia; e o peche co grupo carballés Lowcos. Ademais, non hai que esquecer o tradicional Concurso de Postres, ás 16.30 horas, e a 118ª edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. O peche das festas é ás 00.00 horas, cos fogos de artificio na Agra da Lagoa a cargo de Pirotecnia Rocha. E os más festeiros tamén teñen verbena a partir das 22.30 horas con Los Satélites.

Os interesados e interesadas en consultar todo o programa de festas ao completo poden premer aquí.

Compartir: