Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 200 deportistas participan no IV...

O VENRES 18 E O SÁBADO 19 DE XUÑO

Máis de 200 deportistas participan no IV Torneo Escola Lubiáns de Hóckey Concello de Carballo

Mércores 16 de xuño do 2010

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo mencionar a capacidade organizativa das entidades do municipio, que aínda en tempos difíciles seguen a organizar citas como o Torneo Escola Lubiáns de Hóckey a patíns. O Alcalde, Evencio Ferrero, amosou a satisfacción do Concello por "seguir colaborando cunha escola deportiva de longuísima tradición" axudando a un deporte "cunha longa traxectoria". Así mesmo, amosou a vontade de continuar colaborando nesta cita no futuro "co apoio institucional que merece". Así o expresaron na presentación da cita na que tamén estiveron, ademais do presidente de Escola Lubiáns, o secretario, Jesús Cancela, e a tesoureira, Beatriz Varela. O Torneo disputarase nun maratón o venres 18 e o sábado 19 a partires das 10.30 horas en diferentes quendas para as distintas categorías, sendo o desfile e a entrega de trofeos o sábado pola tarde, pechándose a cita coa final da categoría sénior.

Así mesmo, o sábado pola tarde está previsto celebrar un partido de exhibición feminino da Escola da Federación Galega de Patinaxe. En canto aos clubs participantes, un total de 25, están repartidos do seguinte xeito nas distintas categorías. En Escola de patinaxe: Escola Lubiáns, Escola Lubiáns-CEIP A Cristina, Santa María del Mar, HC Cambre, Santo Domingo, Colexio Obradoiro Azul, Colexio Obradoiro Amarelo, HC Liceo, Compañía de María, Cerceda e HC Miño; en Prebenxamín A: Escola Lubiáns, HC Cambre, Compañía de María A-B e HC Borbolla; en Prebenxamín B: Escola Lubiáns, Santa María del Mar B, CH Compostela e Compañía de María C-D; en Benxamín participan: Escola Lubiáns, CH Compostela, Santa María del Mar e HC Borbolla; e en categoría Sénior están: Escola Lubiáns Calvo, Escola Lubiáns Amagón-La Bombonera e CH Compostela. A participación máis importante é a dos nenos e nenas da Escola, xa que nos equipos desa categoría súmase a presenza de máis de cen nenos e nenas.

Compartir: