Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación financia a creación da...

O PLENO INCLÚE O PROXECTO DA FASE II DA TRAVESÍA DE SÍSAMO

A Deputación financia a creación da segunda escola infantil municipal cunha achega de 550.000 euros

Venres 28 de maio do 2010

Poren, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a Concelleira de Benestar, Dores Silveira, veñen de manter unha xuntanza co Xerente do Consorcio Galego, Roberto Rodríguez, no que lle propuxeron que, xa que a Xunta non pode asumir o financiamento do 80% estipulado no convenio, alomenos achegue a diferencia entre os 170.000 e os 300.000 euros que debe asumir o Concello, una proposta, segundo Ferrero, vantaxosa para o Consorcio, xa que pasaría de achegar 667.000 euros para o proxecto a achegar 130.000. O Xerente comprometeuse a estudar a proposta e a ofrecer unha resposta no mes de xuño. En canto ao inicio do proceso de contratación, o Concello espera que poida principiar canto antes. Haberá varias modificacións respecto ao acordado no convenio, como que antes contrataba a obra a Xunta e agora será o Concello quen o faga, ou o feito de que se ten que revisar a cesión de uso dos terreos prevista no convenio co Consorcio para poder asumir os traballos. A nova escola infantil estará situada nunha parcela de 2.500 metros cadrados no entorno da urbanización de Riotorto na estrada de Razo.

O Alcalde de Carballo e o Tenente de Alcalde, José Antonio Viña, manifestaron a súa satisfacción por esta nova e pediron desculpas aos cidadáns pola tardanza en sacar adiante ao proxecto "unha tardanza que en ningún caso é imputable ao Concello". Tamén aseguraron que, se o Consorcio non pode achegar a diferencia do importe do proxecto, o Concello xa ten estudado as vías necesarias para poder obter os 300.000 euros requeridos. Ferrero e Viña presentaron, así mesmo, os asuntos da sesión plenaria ordinaria de maio, entre os que destaca a aprobación da segunda fase do proxecto de Urbanización da DP-1901 Carballo-Sísamo. Esta actuación na travesía de Sísamo supón a mellora de máis dun quilómetro de vía ata a Escola Unitaria da Raíña, entre os puntos 0,730 e 1,835. O proxecto ten un orzamento de algo máis dun millón e euros e o Concello solicita á Deputación, titular da vía, a inclusión da obra no Plan de Travesías Provinciais 2008-2010. Nestes momentos a Deputación xa ten contratadas as obras da primeira fase da travesía por un importe de 600.000 euros.

O pleno do luns 31 de maio tamén inclúe outros asuntos na orde do día, entre os que destacan a segunda fase do traslado provisional dos postos do mercado municipal de abastos. O Alcalde afirma que as actuais obras de remodelación do mercado municipal marchan a un ritmo "excelente" e que por ese motivo é necesario aprobar xa o segundo traslado de postos. Neste caso trátase dun total de 25 establecementos de alimentación situados no primeiro andar do edificio, que, tras o traslado, pasarán a desenvolver provisionalmente a súa actividade no soto do mercado. Por último, a orde do día inclúe dúas modificacións de crédito relacionadas co proxecto Fórum Carballo e que teñen que ver co desenvolvemento de obradoiros formativos, cuxo importe íntegro é asumido polo Concello; e coa dinamización do Centro de Formación. As modificacións afectan a dúas partidas de 76.610,15 e 60.000 euros.

Compartir: