Inicio Carballo ao día Hemeroteca Educación comprométese a que as...

OS TRABALLOS ESTARÍAN FINALIZADOS PARA O CURSO 2011-2012

Educación comprométese a que as obras de ampliación do CEIP Bergantiños principien antes de que remate 2010

Mércores 26 de maio do 2010

A entrevista con María Teresa Villaverde Pais tivo lugar o martes 25 de maio a partires das 13.00 horas. Durante a xuntanza, falouse tamén da natureza da ampliación, que suporá a creación de nove unidades de Educación Infantil dun máximo de 25 nenos e nenas cada unha, polo tanto, crearíanse 225 novas prazas. As unidades estarían distribuídas en 3 para cativos e cativas de 3 anos; 3 para escolares de 4 anos; e 3 para nenos e nenas de 5 anos. Os técnicos da Consellería xa están revisando a actuación para que o proxecto poda aprobarse o antes posible. Hai que lembrar que o Alcalde e a Concelleira de Educación mantiveron a mediados do pasado mes de febreiro unha entrevista coa Xefa Territorial de Educación na que xa se lle expuxeron os problemas de escolarización do Concello carballés. Naquel momento, María Teresa Villaverde adquirira o compromiso de estudar a proposta de ampliación do CEIP Bergantiños, unha ampliación que finalmente arrincará este ano.

En materia de melloras educativas, o Concello de Carballo ten recollido nos orzamentos municipais un investimento, ao longo do ano 2010, de preto de 600.000 euros en centros de ensino do municipio. Así, o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local 2010 recolle a creación dun pavillón polideportivo cuberto no CEIP Nétoma-Razo, con 284.306,33 euros; o peche do polideportivo do CEIP A Gándara de Sofán, con 39.818,78 euros; e a realización de melloras eléctricas en todos os centros educativos de Infantil e Primaria do Concello por un importe de 62.671,63 euros. A estas actuacións hai que engadir o desenvolvemento dun Plan de accesibilidade financiado pola Deputación provincial e por un importe de 190.000 euros para o CEIP Fogar, unha actuación que está en proceso de licitación nestes momentos.

Compartir: