Inicio Carballo ao día Hemeroteca Preto de 2.000 rapaces e rapazas teñen...

'XOGAR NA RÚA' PECHA AS ACTIVIDADES O SÁBADO 29 DE MAIO

Preto de 2.000 rapaces e rapazas teñen participado no programa de Deporte en idade escolar 2009-2010

Mércores 26 de maio do 2010

Un total de 60 persoas serán as encargadas de exercer de monitores en cada unha das zonas e de vixiar aos cativos e cativas, ademais de axudar no reparto de refrescos ou nas medidas de seguridade. No caso da capoeira, a actividade será impartida por especialistas e o seu obxectivo é o de dar a coñecer esta disciplina de forma sinxela aos máis pequenos. Francisco García Bello subliñou o carácter lúdico desta cita, na que, grazas á colaboración de Caixanova, cada participante recibe unha camiseta como lembranza. Ademais da entidade financeira, colaboran na XX edición de Xogar na rúa Conservas Calvo, a Asociación Vieiro, a Deputación da Coruña, a Fundación Deporte Galego e o Padroado Deportivo Municipal. Precisamente o seu Xerente quixo agradecer a colaboración de entidades que voluntariamente colaboran na celebración desta cita, como son Begano SA, Gasoleos Leus, Proquiber, La Caixa, Serigrafía Papucho, Protección Civil, a Policía Local, a Brigada de Obras, CC Carballo, Escola Lubiáns e a AD Xiria.

O Alcalde, Evencio Ferrero, subliñou a importancia dos programas municipais de deporte en idade escolar, neste caso con preto de 2.000 participantes ao longo de todo o ano no conxunto de actividades. Felicitou á organización por sacar adiante o programa de Deporte na escola un ano máis a animou a todos os escolares, pero tamén aos seus familiares, a participar "nun día de festa". O horario de actividades comeza a partires das 17.00 horas e está previsto que dure ata as 19.30 horas aproximadamente. Na presentación da actividade estiveron presentes, ademais de Evencio Ferrero e Francisco García Bello, o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o representante de Caixanova, Borja Crespo. A relación de participantes no programa de Deporte na Escola por centro durante o curso pasado é a seguinte:

  • ANPA Pedras Blancas-CEIP Fogar: 90
  • ANPA A Casilla - CEIP A Cristina: 125
  • ANPA A Granxa - CEIP Bergantiños: 368
  • ANPA San Martiño - CEIP Nétoma-Razo: 54
  • ANPA A Milagrosa - CEIP San Luís Romero: 56
  • ANPA Raiante - CEIP Gándara-Sofán: 40

A relación de participantes noutras actividades de deporte escolar é a seguinte:
  • Xogar co atletismo: 245
  • Campaña Aprende a nadar: 470
  • Ligas Locais de Escolares: 360

Os interesados e interesadas poden descargar o plano de situación das diferentes actividades de Xogar na rúa 2010 en pdf nesta mesma nova.

Compartir: