Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación definitiva do servizo de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicación definitiva do servizo de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo'

Luns 24 de maio do 2010

No apartado de contratación, teñen sido aprobados dous expedientes. Un relativo ao 'Servizo de ensino para a especialidade de percusión que se está a prestar por parte do Concello de Carballo no Conservatorio Profesional de Música e de asistencia técnica á Banda de Música'. E o segundo é un contrato administrativo de servizos para o 'Deseño e desenvolvemento da páxina web do proxecto Fórum-Carballo (Centro de Dinamización Socio Económica Sostible de Carballo), cofinanciado conforme ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O obxectivo deste portal é o de crear unha comunidade virtual arredor do Proxecto Fórum-Carballo cun orzamento de contrata que chega aos 45.000 euros.

No apartado de subvencións, saíu adiante unha relativa ao programa Carballo Activa, neste caso coa concesión de 300,51 euros á empresa SAT Breogán SL. Así, o Concello de Carballo pon en marcha dende 1999 as subvencións Carballo Activa, unha liña de apoio directo ás empresas como medida operativa para reducir os índices de desemprego locais e comarcais. Esta subvención trata de promover activamente a inserción do alumnado do Centro Municipal de Formación que ao finalizar o seu período formativo reciba unha avaliación positiva. As axudas varían en función da duración do contrato e do sexo do alumnado, tendo en conta a difícil situación da muller para incorporase ou reinserirse no mercado de traballo. Neste caso concédese o importe relativo a un contrato de traballo menor dun ano (dun mínimo de tres meses) que recae nun alumno.

Así mesmo, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación das bases da convocatoria para o desenvolvemento de programas e actividades ou investimentos culturais ou educativos de carácter excepcional no ano 2010, así como as bases para a concesión de axudas para actividades puntuais neste mesmo período. A Xunta de Goberno aprobou, así mesmo, o expediente da licenza de parcelación da Avenida das Flores da capital municipal e o expediente para a segregación dunha parcela na Avenida de Bértoa.

Compartir: