Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Policía Local ten atendido un total de...

O GRUMIR AXUDOU A EXTINGUIR SEIS INCENDIOS FORESTAIS EN ABRIL

A Policía Local ten atendido un total de 63 accidentes de circulación entre xaneiro e abril de 2010

Venres 7 de maio do 2010

Respecto dos servizos asistenciais prestados pola Policía Local en abril, hai que mencionar un total de 54, dos que a maioría, 27, refírense a chamadas relacionadas coa seguridade cidadá, mentres que 9 son queixas veciñais. Ademais, entre outras actuacións, os axentes teñen axudado en tres incendios, auxiliado a tres persoas e rexistraron un caso de absentismo escolar. Hai que mencionar que no mes de abril teñen descendido notablemente as denuncias administrativas, así como as persoas detidas e as citacións para xuízos rápidos. No primeiro caso, pasouse de 28 en marzo a 6 en abril, mentres que no segundo, aínda que se pasou dun detido en marzo a dous en abril, o total de imputacións e citacións baixou de 16 a 5. No apartado de multas de circulación, marzo supuxo un total de 218 infraccións, das que 212 foron tramitadas polo Concello. O informe da Policía Local péchase coa actividade da grúa, que retirou 10 vehículos (7 menos que en marzo) e atendeu 17 incidencias; e cos delictos contra a seguridade viaria, que baixaron de 8 en marzo a 2 en abril, sendo dúas alcoholemias positivas.

No que respecta á actividade desenvolvida polo Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) de Protección Civil de Carballo, hai que subliñar que atenderon en marzo un total de 24 emerxencias, das que dous son incendios urbanos: un nunha cociña dunha cafetería e outro nunha oficina. Así mesmo, e en colaboración co Parque Comarcal de Bombeiros atenderon dous incendios rexistrados en vehículos. No que respecta a accidentes de circulación, o Grumir ten efectuado 13 limpezas viarias (duplicando as do mes de marzo), atendendo, así mesmo, un atropelo. Hai que mencionar a realización dun rescate nun ascensor, a retirada dunha árbore situada na vía ou a participación na extinción de seis incendios forestais, un deles no municipio veciño de Coristanco. No que respecta ao global da actividade desenvolvida polo Grumir no mes de marzo, estiveron presentes nun total de 133 incidencias, cunha actividade de 188 horas e 45 minutos.

Compartir: