Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Circuíto de Motor de Bértoa...

HAI UN TOTAL DE 85 INSCRITOS NA PROBA

O Circuíto de Motor de Bértoa acolle a segunda proba do Campionato Galego de Motocross o luns 17 de maio

Mércores 12 de maio do 2010

Entre a participación local hai que mencionar aos carballeses Óscar Martínez e Beltrán García; ou ao malpicán Miguel García. Para Coristanco haberá representación por parte de Carlos Castro e Higinio Freire. En canto ao horario da proba, os adestramentos libres comezarán ás 11.10 horas, despois das verificacións técnicas e administrativas. Os adestramentos oficiais están previstos para as 12.35 horas. A carreira comezará ás 16.00 horas, aproximadamente, ata as 18.50 horas. Despois, está prevista a celebración da segunda manga sénior-júnior. A entrega de premios está prevista para as 19.30 horas. Na presentación da actividade estiveron presentes o Alcalde, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o Xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco Bello; Ana Pena, presidenta de Motor Bergantiños; e Juan Puga, directivo da organización.

Ao longo do ano 2010 está previsto que o Circuíto Municipal de Motor de Bértoa acolla un total de nove probas de diferentes disciplinas e campionatos, superando o número de carreiras celebradas ao longo de 2009. O ano pasado supuxo a recuperación para a competición deste circuíto, que levaba sen acoller probas dende o ano 2003. O aproveitamento das instalacións está cumprindo até o de agora as expectativas iniciais e rexistrando unha notable asistencia de público na maioría das probas disputadas. A primeira deste 2010 xa tivo lugar a primeira fin de semana de maio, coa acollida dunha carreira do Campionato de España de Quadcross, sendo a primeira ocasión en que o circuíto acollía unha proba desta disciplina a nivel nacional. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel da proba do Campionato Galego de Motocross do 17 de maio nesta mesma nova.

Compartir: