Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación definitiva da obra para a...

ASINADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON AXOBER

Adxudicación definitiva da obra para a pavimentación dunha pista en Constenla, incluída no POS adicional

Luns 10 de maio do 2010

Por outra banda, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), José Figueiras Garrido, veñen de asinar hoxe, luns 10 de maio na Casa do Concello, un convenio de colaboración para o desenvolvemento de medidas de dinamización empresarial, fomento da emprendeduría e consolidación de empresas. Este acordo tiña sido aprobado na Xunta de Goberno Local do 26 de abril. A súa finalidade é a de establecer un marco de colaboración entre as entidades asinantes para acadar obxectivos como o desenvolvemento de accións de comunicación conxuntas, o desenvolvemento de accións formativas e de dinamización ou a celebración de eventos dinamizadores que serán acordados por unha comisión mixta encargada do seguimento da execución do convenio, formada polo Presidente de Axober, o Xerente de Axober, o Concelleiro de Promoción Económica do Concello e o Alcalde de Carballo.

O Concello de Carballo comprométese a colaborar con Axober coa achega dun máximo dun 30 por cento do importe de actividades como as V Xornadas de Enerxías Renovables, Aforro Enerxético e Medio Ambiente que terán lugar os próximos días 28, 29 e 30 de maio no Pazo da Cultura; xornadas de sensibilización, formación e reciclaxe; accións publicitarias e de promoción de determinados sectores empresariais en colaboración co Concello; ou a elaboración de guías, webs, sinalética e catálogos desenvolvidos conxuntamente entre Axober e o Concello. O Concello, así mesmo, facilitará de xeito gratuíto espazos públicos ou edificios de titularidade municipal para a realización das actividades obxecto do convenio, e previamente aprobadas pola comisión mixta. A cambio, Axober deberá ofrecer cumprida xustificación e información de todas as accións desenvolvidas, así como dos seus importes e o seu desenvolvemento. O convenio terá vixencia até o 31 de decembro de 2011.

Compartir: