Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada a adxudicación definitiva de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobada a adxudicación definitiva de paneis de enerxía solar térmica na piscina Vila de Noia

Domingo 4 de xaneiro do 2009

Esta sesión ordinaria da Xunta de Goberno tamén serviu para sacar adiante varios convenios. O primeiro deles é un acordo coa Fundación ECCA (Emisora Cultural Canaria) para colaborar na formación de adultos e adultas. Así, esta organización imparte clases de preparación para adultos para a obtención do Graduado de Secundaria no Pazo da Cultura. Por este acordo, o Concello achega 500 euros para asumir os gastos de funcionamento do servizo durante o ano 2010. Por outra banda, aprobouse o acordo para organizar a Cabalgata de Reis 2010, que inclúe un convenio coa Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude para poder levar a cabo esta cita.

Por último, no apartado de convenios saíu adiante un coa Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para a programación cultural do Concello para o primeiro semestre de 2010. Así, Carballo poderá desfrutar de actividades incluídas na Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forma parte. Entre algunhas das actuacións recollidas destacan a do coñecido humorista Rober Bodegas ou a de Talía Teatro. Así mesmo, a Xunta de Goberno vén de ratificar o seu patrocinio no Premio de Novela Longa en Lingua Galega Eduardo Blanco Amor. Trátase dun certame no que participan máis de 50 concellos galegos, recaendo cada ano a organización nun deles. Nesta XXVIII edición tócalle ao Concello de Poio. O Concello de Carballo debe achegar unha cota de 360 euros.

Compartir: