Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mellora da travesía de Malpica...

ASINADO O CONVENIO ENTRE O CONCELLO E POLÍTICA TERRITORIAL

A mellora da travesía de Malpica estará rematada en 2010 cun investimento dun millón de euros

Luns 26 de xaneiro do 2009

A obra levarase a cabo ao longo de 1,3 quilómetros (entre os puntos 0 e 1,360 da estrada AC-416 entre Carballo e Malpica). Os traballos consisten na renovación da pavimentación da avenida, na ampliación da calzada e na instalación de beirarrúas e aparcadoiros. Dado o carácter urbano do treito, a actuación inclúe tamén a renovación de servizos como a rede de abastecemento e saneamento, o soterramento do tendido eléctrico ou a dotación de mobiliario urbano. O obxectivo é "darlle un tratamento urbano a unha estrada que xa non é unha estrada, senón unha rúa", en verbas de Caride.

Unha vez concluídas as melloras, o treito obxecto da reforma será transferido ao Concello de Carballo, que a partires dese momento asumirá a explotación, mantemento e conservación da avenida de Malpica. Así mesmo, o convenio autorizado hoxe tamén recolle unha cláusula específica pola que o Concello de Carballo acepta a transferencia da titularidade de pouco máis de 100 metros da estrada Carballo-Buño (AC-414) dende o final da travesía de Malpica ata o enlace coa autovía A Coruña-Carballo (AG-55) e outros 900 metros da estrada A Coruña-Cee (AC-552). O Alcalde, Evencio Ferrero, desexou que este sexa "o primeiro convenio doutros moitos no futuro".

Compartir: