Inicio Carballo ao día Hemeroteca Licitada a contratación da cuarta fase da...

FORMACIÓN E EMPREGO

Licitada a contratación da cuarta fase da Casa dos Oficios por 3,3 millóns de euros

Venres 23 de xaneiro do 2009

A través deste contrato construiranse as naves 4 e 5 do complexo, ademais de completarse o equipamento das outras tres restantes das que nestes momentos xa está en pé a estrutura. Entre os usos do recinto, está prevista a creación de oficinas, un auditorio, unha sala de exposicións ou un espazo de libre uso para os empresarios na nave 1. Así mesmo, a Casa dos Oficios será a sede do Centro de Formación e de tódalas oficinas do Concello relacionadas coa formación e o emprego, e mesmo está aberta a posibilidade de que acolla as oficinas do INEM e do Servizo Galego de Colocación. As naves 4 e 5, obxecto da licitación que está en marcha, servirán para albergar as aulas e os talleres para os alumnos.

Avanzan así os trámites para a execución do proxecto da Casa dos Oficios, incluído dentro do Proxecto Forum e financiado con fondos europeos e que suporá a creación dun Centro de Dinamización Socioeconómica e Sostible no barrio da Milagrosa. Así mesmo, hai que lembrar que esta mesma semana, en Xunta de Goberno, recibiu o visto bo o contrato para emprender o cerramento exterior das tres naves que xa están en pé cun orzamento de contrata de 700.545 euros.

Compartir: