Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo recibe o premio Millenium Século...

A ENTREGA DO GALARDÓN É O XOVES 22 DE XANEIRO

Carballo recibe o premio Millenium Século XX-XXI pola eliminación de barreiras arquitectónicas

Mércores 21 de xaneiro do 2009

A Unidade Provincial de Parapléxicos da Coruña desenvolve -entre outras actividades- un programa de servizos (SER.DI.FI.COP) para persoas de toda a provincia que teñan unha discapacidade física, sexa cal sexa a súa idade, ademais de para os membros da unidade familiar. Estes servizos -postos en marcha coa colaboración da Vicepresidencia, da Deputación e da Fundación da Obra Social Caixa Galicia-, van dende asesoría xurídica ata consultas cunha traballadora social, cunha compañía de seguros ou con empresas de ortopedia, pasando pola realización de cursos formativos ou a dispoñibilidade do servizo de transporte adaptado.

A entrega de premios é o xoves 22 de xaneiro ás 14.00 horas no Hotel AC A Coruña e está previsto que recolla o galardón o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Hai que destacar que entre os distinguidos co Premio Millenium tamén está o veciño Concello da Laracha, polo mesmo motivo que o de Carballo, así como o deputado provincial Xoán Manuel Sande, veciño tamén larachés, "pola súa exemplaridade persoal, cercanía e dispoñibilidade para a realización de xestións e boa labor ao fronte da Comisión de Benestar Social", segundo consta no fallo.

Compartir: